Futuríbeis


Como unha persona é quen de cambiar o teu estado de ánimo con tan pouco? E levas dándolle tanta emoción ás cousas dende fai un par de meses que... Seguramente xa o saibas, pero dende a primeira vez que intercambiamos palabras houbo algo que non sabería explicar. Cada quen complícase a vida como quere e eu decidín complicarma contigo. 

Para que enganarnos, eu non o agardaba, pero non me desagrada en absoluto. Ás veces dame a sensación de que vou reventar, cóstame moito controlar eses impulsos de querer abrazarte ou bicarte todo o tempo pero teño que facelo. Non me importa en absoluto o que pensen os demais, pero si que me importa o que penses ti. No fondo sei que odias o agobio e por iso hai distancia de por medio ata que chegas e me falas de futuríbeis.

A vida vai aportando cousas; algunhas pequenas, medianas e outras grandes. A vida é algo similar a un boomerang, cando todo se desvanece ou semella de cor negra, de súpeto volve esa vitalidade e ledicia que xa non atopaba por ningún recuncho. E iso é o que ti fas conmigo sen decatarte. Dalgún xeito sempre estás aí. Malia que ás veces non sexa como eu quero, fasme feliz. Non sei se me gusta ou me asusta que unha persoa teña tanto poder sobre min nas súas mans. Facía tempo que non era tan vulnerable a algo e para que alburgar, botábao de menos. 

0 Comentarios