Pandemia (I)




Se este fose o meu último intre de vida sería tan insulso, tan baleiro, tan confuso, tan eu. 

A vida estame a dicir moitas cousas e eu non a estou a escoitar. Voume poñer a miña lista de reprodución favorita e vou beber unha cervexa. Vou esquecerte. Non vas ser o primeiro nin o último que esqueza. Esquecer. Que mal se me da. De verdade, pero por que a mín? Cando repartiron os compoñentes psicolóxicos conmigo non se luciron moito.

Teño que dicir que cheguei a velo todo contigo, e que jodido. Porque nunca será. A ver como llo explicamos, a ver como mo explicamos porque na miña cabeza todo estaba a quedar precioso.


0 Comentarios