Quizáis

Quizáis eu nunca fun suficiente. Quizáis eu nunca tiven unha beleza suxerente. Quizáis eu nunca tiven unha conversa durante horas. Quizáis eu era demasiado tímida. Quizáis nunca me atrevín a dicirlle todo o que tiña dentro. Quizáis nunca o chegue a ver. Ou quizáis sí. 

Quizáis un día vai durmir e descobre todo o que perdeu por non atreverse. Quizáis un día ve que alguén o quixo de verdade. Quizáis alguén descobre todo o que ti non quixeches. Quizáis alguén chega para ser máis claro, máis limpo, máis transparente.

Quizáis un día deixo de escribirte. Quizáis algún día non penso en chamarte. Quizáis algún día non me poño encarnada ao ollarte. Quizáis algún día me volven saír as palabras contigo. Quizáis algún día sexa capaz de dicirche todo o que hoxe non. 

0 Comentarios